O proxecto Rede Aberta permitirá enlazar a todos os asociados
entre si e coa Asociación Compostela Monumental a través
dunha rede rede sen fíos que favorecerá o contacto permanente
entre eles e coa Asociación.
O sistema permitiralle ademais, aos seus asociados, a conexión
gratuíta a Internet, mediante un ordenador e unha tarxeta sen fíos,
desde calquera punto do casco histórico compostelán .
Unha rede sen fíos
permítelle aos seus usuarios conectarse a unha rede local ou
a Internet sen estar conectado físicamente: os seus datos (paquetes
de información) transmítense polo aire. Este feito proporciona
unha gran mobilidade sen perder conectividade. O atractivo fundamental
deste tipo de redes é, entre outras cousas, a facilidade de
instalación e o aforro que supón a supresión
do medio de transmisión cableado