|
|||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| 26 de decembro de 2003 | ||||
| Os locais comerciais de Compostela Monumental ofrecerán unha gardería para os seus clientes | ||||
| As excusas para non mercar na zona vella de Santiago esgótanse. Os establecementos adscritos a Compostela Monumental vanas derrubando unha a unha con solucións concretas: controis de calidade, reparto a domicilio e, agora, unha gardería para os seus clientes. | ||||
| 26 de xaneiro de 2004 | ||||
| As tendas do Centro Comercial Aberto poden amplia-lo seu horario de apertura ó público | ||||
| O obxectivo do Centro Comercial Aberto do casco histórico é o de acadar nun futuro a unificación de horarios entre os seus asociados ampliándoo ata as dez da noite para ser competitivos en relación ás grandes superficies de Santiago. Mentres tanto, cada establecimiento asociado abrirá ou pechará as súas portas en función das súas necesidades e sen inxerencia externa algunha. | ||||
| 02 de febreiro de 2004 | ||||
| Chalecos reflectantes | ||||
| A Cámara
de Comercio de Santiago fíxonos cegar unha oferta para adquisición
de chalecos reflectantes para levar no coche, xa que segundo a nova Lei
de tráfdico serán obrigatorios a partir do vindeiro mes
de marzo. O prezo estimativo da unidade é de 8€, polo que de interesarvos realizaríamos unha compra conxunta para os socios. |
||||
| 03 de febreiro de 2004 | ||||
| Cursos de informática | ||||
| Nas tres
últimas semanas do mes de febreiro poranse en marcha uns cursos
de informática para o manexo do programa de xestión de comercio
que incorpora o portal Rede Aberta. Como a asistencia está aberta a tódolos socios de Compostela Monumental, temos previstos 15 grupos de 12 persoas cada un. Os cursos terán unha duración de catro horas lectivas que impartir en dúas xornadas. Para facilitar a asistencia disponemos de dous horarios a escoller, de 15:00 h a 17:00 horas, ou de 21:00 horas a 23:00 horas. |
||||